Sunday 28 de April de 2024

Rey comprométese a mellorar a mobilidade de Mesoiro e Vio


A alcaldesa visitou os barrios para comprobar en primeira persoa deficiencias na limpeza viaria e a necesidade de incorporar mobiliario urbano para o lecer

A alcaldesa Inés Rey visitou esta mañá o barrio de Mesoiro e Vio da man dos responsables da asociacións de veciños Xunqueiras-Mesoiro e Vio, que lles amosaron as deficiencias dunha zona para a que piden, no caso de Mesoiro, un cambio de sentido na camiño de Pouporon coa finalidade de que o camión do lixo circule pola parte máis alta e dea servizo así a todas as veciñas e veciños que, na actualidade, teñen que desprazarse moitos metros para depositar os residuos.

A rexedora comprometeuse tamén a estudar a posibilidade de recuperar algún dos soares para o aparcamento e o lecer coa incorporación de bancos e mobiliario urbano e apuntou a queixa dos residentes na estrada DP-0512 sobre os vehículos que estacionan nas beirarrúas e impiden o paso, polo que a alcaldesa propón a instalación de bolardos e pasos elevados para reducir a velocidade dos coches.

En Vio, Rey comprobou en primeira persoa a necesidade de asfaltar o camiño de acceso ao núcleo e realizar unha limpeza viaria regular nas principais rúas para evitar a proliferación de maleza. Ademais, os afectados comentáronlle outros problemas como fincas privadas e doutras institucións que poñen en risco o barrio ao estaren abandonadas e a falta de presión da auga corrente.